-

- 31.Dec / Israel ataca a franxa de Gaza
- Contra o xenocidio sionista, Palestina vencerá!
Finalmente, Israel decidiu arrasar Gaza. Despois de convertir aquel territorio nun enorme campo de concentración, cun brutal bloqueo e continuos cortes de luz e auga, con continuas incursións militares, detencións arbitrarias e asasinatos […]
-

- 29.Dec / pola oficialidade das seleccións galegas
- Dereitos deportivos, dereitos nacionais!
Na pasada fin de semana, as seleccións feminina e masculina de futebol xogaron partidos amigábeis, como xa é tradición no Nadal. Como nos últimos tres anos, estas datas converteronse en datas de festa patriótica e loita polos dereitos que como nación nos corresponden, tamén a nivel deportivo.
Alén dos partidos, onde miles de galegas e galegos […]-

- 11.Dec / Núñez Feijoo sai escaldado dunha charla-mitin político na USC
- Lección de ética das estudantes ao candidato da dereita
Non é a primeira vez que a Universidade Pública de Compostela sofre a intromisión de elementos da ultra-direita coa complicidade dos órganos reitores e de paraquedistas con nula representatividade entre o estudantado. Mais unha vez, pretendíase converter a institución pública nun altofalante ao servizo dos intereses ultras que representa o Partido Popular na figura do […]
-

- 26.Nov / en folga indefinida desde o día 17
- Solidariedade coa folga da limpeza!
Isca! editou un cartaz que está a colar polas faculdades de Vigo e Pontevedra, no que se pide a solidariedade do estudantado cos e coas traballadoras da limpeza da provincia que están en folga indefinida desde o día 17. Nel, explícanse os motivos que deron lugar á folga, e pídese a comprensión e apoio do […]
-

- 25.Nov /
- Stop ás agresións policiais ao estudantado
O pasado 19 de Novembro por volta de 200 estudantes saían ás rúas de Lugo convocados polos Comités nunha manifestación autorizada que remataba ás portas da Subdelegación do Goberno Español cunha brutal carga policial que deixaba cinco persoas con parte de lesións e numerosas identicacións indiscriminadas. É a resposta do goberno español perante a […]
outras novas
-

- 18.Dec / Reedición das "Bases Constitucionais"
- Campaña de Galiza Nova pola autodeterminación
Galiza Nova está a desenvolver desde hai semanas en varias comarcas do país unha campaña en defensa do dereito de autodeterminación, que ten como obxectivo contestar a celebración dos 30 anos da Constitución Española. A edición de material gráfico (cartaces, colantes e panfletos) veu acompañada da reedición das “Bases Constitucionais” […]
-

- 11.Dec / apoio a Heitor Picallo
- Atila en Galiza, Nunca Máis!
A realidade adoita aparecer supetamente entre as fendas da máscara de normalidade que se configurou no Estado Español despois da morte do ditador, e amósanos que segue a existir unha vontade negadora dos feitos tal cal existiron e da necesidade de investigar sobre os mesmos para dar a coñecer á luz pública quen foron […]
-

- 02.Dec / o exército español mata indiscriminadamente
- Non son cooperantes, son terroristas
Os últimos anos foron moi frutíferos na acuñación de novos e desconcertantes oxímorons que xustificasen, con linguaxe actualizada, as tropelías militaristas de sempre. Guerra humanitaria ou cirúrxica, forzas de paz, exército pacificador ou bombas intelixentes pululan nas pantallas e nos xornais, como pantasmas entre as liñas, sen dar ocultado de todo o horror que ás […]
-

- 25.Nov / xoves 27 ás 20:00 en políticas
- Conferencia-coloquio a cargo de Lidia Senra e Laura Bugallo
O próximo xoves 27, no salón de Graos da Faculdade de Ciencias Políticas da USC terá lugar a conferencia “Violencias de xénero. Violencias invisíbeis” a cargo de Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) e mais de Laura Bugallo (CIG) onde analisarán a visibilidade da cuestión de xenero e a discriminación da muller no mundo do traballo […]
breves
- CIG-mocidade en Vigo
- Charla da CIG-Mocidade: respostas da mocidade á crise
O xoves 11 de decembro ás 20 no Salón de Actos do local sindical da CIG de Vigo (R/ Gregorio Espiño 47) a CIG Mocidade organiza un encontro dirixido aos mozos e mozas traballadoras desta comarca. En primeiro lugar haberá unha charla e posterior debate sobre a crise social e económica e as súas consecuencias […]
- santiago alba rico
- A superioridade do capitalismo
¿Que é unha crise capitalista?
Vexamos en primeiro lugar o que non é unha crise capitalista.
Que haxa 950 millóns de famentos en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
Que haxa 4.750 millóns de pobres en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
Que haxa 1.000 millóns de desempregados en todo o mundo, iso […]- 1 de Novembro, Maceda
- Castañazo 08, magosto alternativo en Maceda
Desde a asociación cultural “O Pipote” de Maceda organizan en próximos días un “Magosto Alternativo” e prometen un serán-noite repleto de actividades, diversión, gastronomía e musica. A partir das 19:00 horas da tarde terá lugar o magosto popular, a base de empanada, chourizo, pan e viño do país e bica mantecada, sen que falten as […]













