Nem um direito menos; um mundo novo

8M: greve geral de mulleres!

Mulheres de todo o mundo demandamos a fin do patriarcado!

O 8 de março as trabalhadoras galegas fazemos greve as 24 horas que dura o dia, as estudantes desaparecemos das aulas, deixamos todas de fazer as compras e de atender todo aquilo que nom se remunera, que é todo aquilo que permite o mundo continuar a girar.

Um colapso no sistema de produçom e reproduçom.

E isto nom é potente somente porque vaia suceder no nosso país, senom porque estas acçons estám inseridas numha acçom global coordenada no Paro Internacional de Mulheres. 

Convocatórias

Manifa nacional

Mobilizaçom unitária em Lugo às 12h desde Porta Falsa. Convoca Galegas 8M.

Greve de mulheres

O 8 de março, imos parar a produçom. Todas à greve geral!

Em profundidade

A loita organizada das mulleres e a historia do 8 de marzo

Entre o ano da proclamación do Día Internacional da Muller (1910) e a institucionalización formal pola ONU teñen pasado 67 anos. En marzo de 1972, Hertta Kuusinen propón á Comisión para o Estatuto das Mulleres (CSW) que a ONU proclame un «Ano Internacional da Muller» co o obxectivo de chamar a atención do sistema das

Ler máis »

8 de março: parabenizar ou combater?

«Nosotras también tenemos nuestro día», é a chamada publicitária de moda no 8 de março, um slogan estupendo para produtos de joiaria, chocolates e demais obxectos de consumo. «También el ocho de marzo, díselo con flores». O que nos vai dizer você com flores? Aceito que me agasalhem umha rosa por cada direito que perdim

Ler máis »

8 de marzo: 100 anos combatendo o patriarcado

Aproveitando esta data e a celebración do 100 aniversario (2010) por parte das mulleres de todo o mundo quixemos que o primeiro caderno tivera como punto de partida un percorrido pola orixe do 8 de Marzo e a relación entre feminismo e marxismo, reivindicando o discurso historico das mulleres socialistas que impulsaron e deron ao

Ler máis »

A estética tamén é violencia

Na sociedade actual, todas as persoas, nomeadamente as máis novas, vivimos rodeada de imaxes. Na televisión, no xornal, na parada de bus, nos folletos das tendas, nas redes sociais. Todo é imaxe, todo é cor. Este mesmo artigo está inzado de imaxes coas que pretendemos acompañar o que dicimos. E as imaxes, como as palabras,

Ler máis »

Nom poderemos estar nunca do lado dum “feminismo” amável para o capital, alheio às demais opressons e que acaba por esvaziar a luita até convertê-la num simples producto estético.

Este 8 de março estamos de greve, e saímos às ruas com o sindicato, a organizaçom estudantil e a organizaçom feminista. 365 dias ao ano de luita polos nossos direitos.

8 de março: greve