10 de marzo, día da Clase Obreira Galega

Hoxe celébrase, como cada 10 de Marzo, o Día da Clase Obreira Galega. Desde Isca! chamamos a sair á rúa e participar, coa Confederación Intersindical Galega, nas manifestacións en defensa dun emprego digno na nosa Terra.

Precariedade, temporalidade e baixos salarios combínanse para facer da mocidade un dos sectores sociais máis golpeados nesta crise chegando a taxas de emigración xuvenil dramáticas, máis de mil mozas ao mes. O capital á ofensiva, recortando dereitos á clase traballadora sen unha oposición o suficientemente forte e organizada para impedilo. Temos que sair da crise, mais non nesa dirección.

Son moitas as medidas para reforzar á clase traballadora galega e para mostrar unha saída: unha alternativa cara o socialismo. Temos que traballar para reforzar organica e ideoloxicamente a clase obreira galega, as organizacións das traballadoras galegas como a CIG e traballar nunha alternativa política cara a soberanía e o socialismo. Desde Isca! apostaremos con todas as nosas forzas nesa vía, porque a mellor homenaxe a Amador e Daniel será a vitoria!

Contra o desemprego e a precariedade, loitando gañaremos un futuro digno na nosa terra!

Horarios e lugares das manifestacións

Ferrol, ás 20:00 horas dende os locais da central sindical.

Vigo, ás 19:30 horas dende Vía Norte.

Compostela, ás 20:00 horas dende a Praza Roxa.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario