10 de Marzo: este sistema non funciona!

Con Asembleas en varias comarcas, concentracións, manifestacións e ocupacións de entidades financeiras conmemorou a CIG máis un ano o Día da Clase Obreira Galega. Nun contexto de crise económica como o actual, as reivindicacións da xornada estiveron centradas na defensa do emprego e das prestacións sociais, demandando así que se apliquen medidas en favor da maioría social que impidan que as traballadoras e traballadores sigan a sufrir as consecuencias do fracaso deste sistema.

A militancia de Isca! participou en varias destas mobiizacións baixo o lema “este sistema non funciona”, coa idea de transmitir a necesidade de aproveitar a crise do actual modelo socioeconómico para avanzar na construción da alternativa socialista. A imaxe de Karl Marx nas nossas faixas, colantes ou cartazes quere servir para recuperar o seu pensamento -hoxe máis actual que nunca- que nos axuda a comprender a natureza inxusta e salvaxe do capitalismo e a necesidade de articular, desde xa, alternativas.

Podes ler a crónica das mobilizacións na web da CIG, e ver este video editado pola central sindical nacionalista sobre as manifestacións de Vigo e Ferrol.

 

A seguir podes ver algunhas imaxes das mobilizacións:

 

10m7.jpg

 

10m2.jpg

 

10m1.jpg

 

10m6.jpg

 

10m5.jpg

 

10m3.jpg

 

10m4.jpg

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario