Neste 2010 a celebración do 8 de Marzo como data de reivindicación dos dereitos das mulleres cumpre 100 anos dende que Clara Zetkin, líder do movemento alemán de mulleres socialistas, fixera, no 1910, a proposta de escoller un día para adicar á loita das mulleres pola súa emancipación.
O Día Internacional das Muller Traballadoras naceu hai 100 anos da man das mulleres socialistas, comprometidas co combate diario do patriarcado e coa construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, incansábeis loitadoras por outro sistema económico superador da opresión capitalista e por unha alternativa feminista para unha sociedade que relegaba e relega as mulleres a un plano secundario sometidas sempre ao mandato social do rol que o sistema lles impón.
Cen despóis de que Clara Zetkin alzara a súa voz en nome de milleiros de mulleres para reclamar unha data que lembre ao conxunto da sociedade que loitamos cada día para acadar os dereitos que nos corresponden as mulleres temos conseguido moitos logros no camiño da nosa liberación e da superación da opresión patriarcal, temos garantido o voto en igualdade con respecto aos homes na práctica totalidade de países do mundo, no Estado Español e a Galiza temos leis contra a violéncia machista, leis de conciliación familiar, leis que regulan o aborto, acordos sociais para o acceso das mulleres a postos de significación pública, gobernos paritarios, listas cremalleiras… para algúns e algunhas iso semella ser abondo para declarar a consecución da igualdade entre homes e mulleres.
As mulleres socialistas sabemos, como sabían Clara Zetkin e as súas compañeiras, que non acadaremos a nosa liberación mentres vivamos nun sistema como o capitalista que sublima as relacións de poder (económico, social, sexual, etc) e a opresión sobre a nosa clase, os nosos corpos, a nosa sexualidade e a nosa identidade. Sabemos que ser feminista é ser anticapitalista, antiimperialista e marxisma pois só poderemos ser libres cando todas as mulleres o sexan, cando toda a nosa clase o sexa, cando todas e todos sexamos libres da toda explotación
Queremos ser libres nunha Galiza ceibe, queremos ser iguais nun sistema máis xusto e sabemos que non podemos pensar que só coas leis e os grandes ou pequenos avances que imos conseguindo no capitalismo as mulleres conseguiremos superar a nosa situación de opresión de xénero e clase.
É que por iso que dende Isca! volvemos apostar neste 8 de Marzo por combater o sistema para construir alternativas e construir alternativas para defender os nosos dereitos. Queremos construir o socialismo e acreditamos en que só o conseguiremos construindo ao tempo un feminismo forte e reivindicativo.
Descarga: Rebater – 8 de marzo: Combater o patriarcado, construir o socialismo
ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES na GALIZA:
Ourense
Luns, 8 de Marzo
Obradoiro ás 17:30 hrs.
Praza Maior
A Coruña
Luns, 8 de Marzo
Festa de celebración do movemento feminista
de 12:00hrs ás 20:30hrs
Praza das Conchiñas
Vigo
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a Praza de Portugal
Compostela
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:30 hrs.
Desde a Praza do Toural
Ferrolterra
Luns, 8 de Marzo
Concentración ás 20:00 hrs.
Cantón de Molíns (Ferrol)
Pontevedra
Luns, 8 de Marzo
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo