11 de outubro, o estudantado sairá á rúa contra os ataques do PP e polo noso dereito a decidir

A Liga Estudantil Galega ven de facer un chamamento conxunto con diversas organizacións estudantís dos pobos oprimidos polo estado español, co obxectivo de dar unha resposta unitaria e simultánea na rúa aos ataques que o goberno español está a impor nos diversos niveis do ensino, e ao tempo reclamar a soberanía para podermos decidir sobre a nosa política educativa e o noso futuro como pobo en xeral. A seguir podes ler o manifesto deste Día Internacional de Loita Estudantil:

Non aos recortes impostos polo BCE e os seus lacaios do Partido Popular!

Os diferentes movementos estudantís das nacións oprimidas do Estado Español que firmamos este manifesto queremos dar a coñecer ao estudantado e á opinión pública en xeral o noso total rexeitamento ás reformas formuladas desde o goberno de Mariano Rajoy, e especialmente aos recortes en educación elaborados polo ministro de educación Wert.

Do mesmo modo, gustaríanos incidir en que todas estas medidas están a levarse a cabo coa axuda dos gobernos das comunidades autónomas e forais, eludindo as súas responsabilidades. Están a aplicar as decisións do goberno central sen ningún tipo de reparo, demostrando unha vez máis que baixo o capitalismo e o autonomismo non é posíbel a soberanía e a independencia dos pobos que se atopan indefensos ante as reformas impostas desde a UE e o gran capital.

Nesta conxuntura política, as organizacións estudantís que emprazamos este comunicado fixemos un esforzo político para poder estar á altura dos acontecementos e poder crear unha alternativa real ao capitalismo depredador imposto e presentado como única solución. Desde cada un dos pobos aos que representamos propomos unha alternativa socialista e independentista, onde o poder económico e político resida no pobo e onde non sexa posíbel destruír fontes de riqueza colectiva como a educación.ue se atopan indefensos ante as reformas impostas desde a UE e o gran capital.

Recortes, reformas e diminución de dereitos sociais, políticos e culturais son o pan de cada día do estudantado dos nosos pobos. Coa escusa dunha crise, creada polos mesmos que están a xestionar o poder desde os diferentes marcos gobernantes, estannos levando a un sistema escravista, onde os ricos son máis ricos e os pobres son máis pobres; onde os novos faraóns teñen nomes de multinacionais, e onde, co acordo dos gobernantes e a patronal, seguen fatigando esa clase oprimida mediante os novos opresores que son as forzas represivas do estado.

Non lles bastaba coa mala situación na que se atopan xa as linguas e culturas dos pobos, senón que agora buscan destruílas ata a súa desaparición recortando os orzamentos en educación e cultura. Aproveitaron a crise institucional e non perderon o tempo en tentar uniformar as nacións dentro do estado para que a súa estrutura, sempre tambaleante, poida seguir existindo.

Mentres, xustifican todo isto dicindo que non hai diñeiro, as ganancias nos mercados de alta gama aumentan, e tamén o gasto militar ou os soldos dos políticos. Nas escolas pódense atopar cada vez máis cámaras e persoal de seguridade privada, ao tempo que hai que aumentar o número de estudantes por aula ou as horas lectivos do profesorado. Xa non hai quen crea esa gran mentira de que non hai cartos.

Van xa moitos anos desde que comezamos a falar sobre a privatización da universidade, e non son poucos os golpes que recibimos desde o comezo da loita contra o proceso de Boloña. Antes, tachábannos de tolos e extremistas, agora no hai reitor que poida rebater, por desgraza, o rumbo que tomou a universidade co beneplácito de cada un deles. Non nos gusta ter que dicir isto, mais quen avis

a non é traidor. Nós non temos nada que perder, e quédanos todo por gañar. É a hora de conquistar un modelo de sociedade xusto e equitativo, onde o poder resida de verdade no pobo.

Para acadar isto, a única saída posíbel é exercer a soberanía de cada pobo. Esa soberanía que nos fai ser suxeitos en todos os procesos e non simples obxectos de compra e venda e estar condenados a ser espectadores sufridores dos desoladores acontecementos. Día a día, desde cada centro educativo, debemos loitar contra cada medida imposta desde o goberno e buscar as alternativas necesarias para acadar os nosos obxectivos. Unímonos á loita por unha educación pública e digna para todas, para poder construír a nova escola que nos eduque como persoas libres. Só sendo suxeitos activos dos procesos educativos seremos quen de construír outro modelo de escola e sociedade.

Nese camiño, a única alternativa posíbel é unha escola pública, laica, popular, antipatriarcal, digna, e que cumpra con todas as necesidades lingüísticas e culturais de cada nación. Neste camiño, invitamos a todo o estudantado das respectivas nacións a que loite por este cambio xunto con nós. Somos donos do noso presente e ten que ser o noso compromiso, para construír o noso futuro. É tempo de loitar! Coa loita estudantil conseguirémolo!

¡Até a vitoria sempre!

Máis información en: http://11×12.wordpress.com

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario