12 de agosto, acto en lembranza de M. Reboiras

Por cuarto ano consecutivo, o cemiterio de Imo acollerá un acto político co que o MGS quere lembrar o exemplo militante do activista Moncho Reboiras, asasinado pola policía española o 12 de agosto de 1975 en Ferrol. No día en que se cumprirá o 37ª cabonado da súa morte, a nosa organización irmá quere lembrar este militante comunista e nacionalista que levou o seu compromiso até as últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que nós seguimos a loitar.

O acto terá lugar o propio 12 de agosto ás 13:00h no cemiterio de Imo, no Concello de Dodro, onde repousan os restos de Reboiras.

Ao remate, tamén en Imo, terá lugar un xantar popular amenizado con música tradicional.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario