12 de outubro, nada que celebrar

Hai xa uns anos a nosa organización editaba, os días previos e como resposta ás celebracións oficiais do “Día de la Hispanidad” inzadas de exibicións de militarismo e españolidade, un cartaz co lema: A súa “Fiesta Nacional” conmemora un xenocidio. 12 de outubro, nada que celebrar. E máis un ano, levaremos ás rúas galegas a nosa campaña de denuncia e rexeitamento do aniversario dunha masacre sistemática da pobación, da colonización do continente americano e do espolio dos seus recursos (cada vez en menor grado dada a conquista do poder dalgúns paises por parte da clase traballadora).

Este ano, como resposta ao proceso soberanista que está a ter lugar en Catalunya, onde crece día a día a conciencia de que ningún futuro digno pasa por seguir oprimidos por un estado podre e decadente, a dereita española máis escura e fascista vén de chamar a mobilizarse este 12 de Outubro en Barcelona na defensa da unidade de destino no universal, previa amenaza de loita armada e derramamentos de sangue. E dino así porque ese leva sendo o seu orgullo desde hai 521 anos, a conquista dos pobos a sangue e lume. Mais nós témolo claro, rebelarnos contra esta data, rebelarnos contra esta longa noite de pedra, en definitiva, e rebelarnos e romper con este estado.

Con España non temos futuro. Imos conquistar a independencia!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario