[15 de setembro] Xornada xuvenil de apoio ao proceso independentista

 

O pobo catalán vive, dende hai uns anos, o que é a maior ameaza para o réxime pseudo-democrático español instaurado no 78, o chamado procés de independencia de Catalunya. Este proxecto, ademais, é o evento político de maior mobilización das masas populares en Europa nos últimos anos, conseguindo sacar, ano tras ano, millóns de persoas á rúa exixindo a súa liberdade coma pobo. Isto provocou a rabia e as ameazas dun estado español cada vez máis podre, cada vez máis insostible e que, cada vez máis, se ve obrigado a empregar a forza e a represión para sosterse como o cárcere de pobos que é.

Tras anos de intentos, pequenas vitorias mais tamén algún revés, este ‘proceso’ independentista está chamado a rematar o vindeiro 1 de outubro, co referendo unilateral de independencia e coa previsible declaración unilateral de independencia coa vitoria do si.

Así pois, dende Isca!, para coñecermos mellor a realidade catalá e para amosar a nosa absoluta solidariedade co seu pobo, contaremos o vindeiro venres 15 de setembro ás 20:00h na Gentalha do Pichel de Compostela con Mònica Pujadas, portavoz das AJUP (Assemblees de Joves per la Unitat Popular), un dos actores xuvenís principais na Esquerra Independentista catalá, , así como con Òscar Condomines, membro do movemento estudantil pola independencia, Universitats per la República. Estará connosco tamén Noa Presas, militante de Isca! e deputada do BNG no Parlamento Galego. Ao rematar teremos música e petiscos.

Porque a solidariedade é a tenrura dos pobos. Porque cremos no internacionalismo e en tecer redes de apoio mutuo entre organizacións irmás. E pola independencia de Catalunya, Galiza e todos os pobos oprimidos do mundo.

Visca la Terra lliure! Viva Galiza ceibe e socialista!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario