16 de xuño, manifestación nacional en defensa do dereito ao aborto

Outravolta, as feministas saimos a rúa para loitar na defensa dos nosos dereitos. Os ataques da dereita conservadora contra as mulleres teñen que atopar nas rúas unha resposta firme e contudente na defensa da alternativa dun aborto libre e gratuíto na sanidade pública. Por iso, desde Isca! chamamos a participar na manifestación nacional convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da que facemos parte, que sairá ás 17 horas dende a estación de tren de Compostela, o vindeiro domingo 16 de xuño, así como de todos os actos comarcais e locais que se están a desenvolver por todo o país.

Consideramos que a proposta de reforma do PP, avalada pola dereita católica máis reaccionaria representada pola Conferencia Episcopal, ataca os dereitos das mulleres tentando tutelar as nosas vidas e os nosos corpos. Diante desta nova agresión, que supón unha involución de décadas na conquista dos nosos dereitos e a imposición novamente da maternidade como unha obriga para toda moza, só cabe a resposta firme e contundente, entre todas e a pé de rúa. Nesta batalla, o patriarcado non pode gañar, por iso é fundamental o teu apoio na loita: maniféstate con nós e espalla as nosas esixencias: Aborto libre e gratuíto, as mulleres decidimos!

>Campanha de Isca: Nem a igreja, nem o governo, nos nossos corpos decidimos nós!

>Rebater nº 44, folla axitativa de Isca! en defensa do dereito ao aborto

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario