[17 de maio] España déixanos sen fala

morzadaNun país como Galiza, onde a lingua nacional permanece minorizada, deturpada e apartada de facto, o combate pola normalización ten por forza de ser diario, constante e orientado cara a consecución do monolingüísmo social na lingua propia. O 17 de maio ten que ser unha data de fonda denuncia, sinalando con precisión onde están, quen son e que intereses moven os inimigos da lingua galega: un ensino españolizado, un poder político sucursalista e un poder económico que se sinte cómodo no marco da España única, tamén no lingüístico, porque derrubar as barreiras do idioma é para a plutocracia un triunfo tan importante como as arancelarias ou de calquera outro tipo que se opoñan ao libre comercio das persoas e as cousas.

A mocidade rexistra unhas estatísticas tan baixas de emprego habitual do galego, e mesmo de coñecemento, que non fan estraños descarados xestos de marxinación cara a nosa lingua. Ese é o obxectivo, e ese é o escenario que nos deixan a quen queremos morar na nosa Terra e na nosa Lingua: sentirnos estranxeiros na nosa Patria, obxectores de consciencia nun proxecto nacional alleo, vestixios dunha época de fame e pobreza que os nosos avós deixaron atrás. O galego é o vello e pouco acorde a España. O castelán, idioma moderno, cosmopolita e non aldeán. Para denunciar esta situación levamos a cabo unha acción simbólica onde silenciamos diversas estatuas para mostrar publicamente a situación de marxinación e discriminación que sofre o noso idioma.

Mobilizacións de Queremos Galego

A plataforma Queremos Galego celebra un ano máis o 17 de maio con distintas mobilizacións en todo o país, que nesta ocasión se convocan baixo o lema “O galego, garantía de futuro” nas seguintes cidades e vilas:

  • Vigo: Cruce da Vía Norte con Urzaiz. Ás 12.00 horas
  • Santiago de Compostela: Praza das Pratarías. Ás 12.00 horas
  • Ferrol: Praza do Cruceiro (Canido). Ás 12.00 horas
  • A Coruña: Diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga). Ás 12.00 horas
  • Pontevedra: Praza da Peregrina. Ás 12.00 horas
  • Lugo: Praza Anxo Fernández (tras o concello). Ás 11.30 horas
  • Ribadeo: Catro Rúas. Ás 12.00 horas
  • Ourense: Praza da Imprenta. Ás 12.00 horas

.

>> Galería de imaxes da acción.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario