[17 de maio] O galego dános un lugar no mundo

O 17 de maio ten que ser unha data de fonda denuncia, sinalando con precisión onde están, quen son e que intereses moven as inimigas da lingua galega: un ensino españolizado, uns organismos políticos sucursalistas e un poder económico que se sente cómodo no marco da España única; tamén no lingüístico, porque derrubar as barreiras do idioma é un triunfo imprescindíbel.

O combate colectivo polo galego radica en defender que o noso idioma é unha lingua máis no mundo e con ela poder interpelar directamente ao resto de pobos por igual. O galego dános un lugar no mundo.

Fronte aos atrancos e ao abandono institucional da Xunta e do Goberno estatal, o galego vive grazas á iniciativa popular que día a día tece redes colectivas e dota de vida ao noso idioma, negándose a deixalo morrer. Non o podemos esquecer, só o pobo salva o galego.

Loitemos por mudar esta realidade, falemos galego!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario