[1º de Maio] Á Clase Obreira todo pertence!

1maio2016Máis un ano, chega o Día do Internacionalismo Proletario, chega o 1º de maio. Hai un ano alertabamos que Galiza é cada día que pasa moito máis pobre e vella. Ao desemprego, especialmente elevado entre a poboación máis nova, súmase un premeditado e constante ataque aos nosos dereitos laborais, que precarizan o emprego e limitan as axudas sociais.

A emigración fai que miles de mozas abandonen o país anualmente desde o comezo da crise do sistema, unha emigración con risco de permanencia; é dicir, moita dela ten poucas posibilidades de volver. A que decide ficar atópase unha realidade cada día máis empobrecida e con menos posibilidades de futuro.

Somos nós as que creamos a riqueza e as que movemos o mundo coas nosas propias mans. Somos nós, a clase obreira, as expulsadas e as precarizadas. Ás que nos obrigan a pagar unha débeda ilexítima que nos afoga. As que vendemos a nosa forza de traballo por salarios cada día máis miserentos. As que carecemos de poder para xerir os nosos recursos e decidir o noso propio futuro.

Por isto, desde Isca! queremos chamar á mobilización do conxunto da sociedade, e en particular da mocidade galega, contra o roubo e o saqueo. Por un modelo social xusto e equitativo; pola organización dunha resposta contundente contra os abusos da troika e a patronal; polo mantemento dos postos de traballo; contra a precariedade laboral e sobre todo por un futuro digno e na terra para a mocidade galega. Un futuro que debe pasar pola independencia e a plena soberanía como vía para sermos nós, como clase e como pobo, quen arbitremos o noso destino e construamos un sistema alternativo ao servizo das clases populares, o socialismo.

Se a clase obreira todo o produce, a ela todo pertence!

.

Participa nas manifestacións da CIG:

  • Vigo: 12:00 h do Cruce da Doblada
  • A Coruña: 12:00 h, Praza de Vigo
  • Pontevedra: 12:00 h, Praza da Ferrería
  • Ferrol: 12:00 h, Avda de Esteiro
  • Santiago: 12:30 h da Praza Roxa
  • Lugo: 12:00 h da Ronda da Muralla
  • Ourense: 12:00 h do Pavillón dos Remedios
  • Ribeira: 12:00 h da Praza do Peixe
  • Foz: 12:30 h diante de Facenda
  • Vilagarcía: 12:00 h da Casa do Mar
  • A Estrada: 12:00 h da Praza do mercado
  • Cee: 12:30 h Praza do Concello
  • Cangas: 17:00 h desde o concello

.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario