1º de maio: á rúa contra a UE, o goberno e o capital

Froito dunha crise provocada polos mesmos que se están a beneficiar dela, día a día a mocidade somos vítima dun medre constante e sen aparente freo da precariedade, a pobreza e o recorte de dereitos e saídas laborais. A crise sistémica e estrutural que rodea o sistema capitalista no que nos vemos obrigadas a sobrevivir, fai que cada vez saír adiante sexa máis complicado para as clases populares que somos quen estamos a pagar a cobiza das grandes oligarquías e as medidas con que desde a Unión Europea e desde o servilismo colaboracionista da Xunta de Galiza e do goberno español se protexe aos grandes poderes socioeconómicos.

Así, no que vai de 2014 os dados de desemprego, emigración e pobreza non fixeron máis que aumentar ante o que só cabe responder aumentando tambén a nosa capacidade de resposta e rebelión. É por iso que as mozas e mozos organizados en Isca! chamamos a toda a sociedade, e nomeadamente á mocidade, a mobilizarse canda o sindicalismo nacionalista e de clase o vindeiro 1º de maio sob o lema “Contra a explotación e a pobreza, fagámoslle fronte á Unión Europea”, porque o futuro gáñase loitando!

Manifestacións convocadas:

  • Vigo: Ás 11,30h. na Doblada
  • A Coruña: Ás 12,00h na Praza de Vigo
  • Pontevedra: Ás 12,00h. Praza da Ferrería
  • Vilagarcía: Ás 12,00h. na Casa do Mar
  • A Estrada: Ás 12,00h. na Praza do Mercado
  • Ferrol: Ás 11,30h. Av. de Esteiro (local CIG)
  • Compostela: 12,30h. na Praza Roxa
  • Ribeira: Ás 12,00h. na Praza do Peixe
  • Lugo: Ás 12,00h. Ronda da Muralla (Edificio Sindical)
  • Ourense: Ás 12,00h. Pavillón dos Remedios
  • Cervo: Ás 12,30h diante da fábrica de Sargadelos
  • Cangas: As 19h. Praza do Concello

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario