[1º de maio] Á rúa contra o goberno e o capital!

Máis un ano, chega o Día do Internacionalismo Proletario, chega o 1º de maio. E máis un ano, desde Isca! queremos chamar á mobilización do conxunto da sociedade, e en particular da mocidade galega, contra o roubo e o saqueo da clase traballadora. Por un modelo social xusto e equitativo; por máis unha Folga Xeral contra os abusos da troika e a patronal; polo mantemento dos postos de traballo; contra a precariedade laboral e sobre todo por un futuro digno e na terra para a mocidade galega: acude connosco ás manifestacións da CIG!

A continuación dispoñibilizamos a relación de convocatorias do sindicalismo nacionalista e de clase:

  • A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo
  • A Estrada: dende a Praza do Concello ás 12.00 horas
  • Burela: ás 12:00 horas dende o local da CIG (Avda. Arcadio Pardiñas, 137)
  • Ferrol: ás 12:00 horas desde a Avda de Esteiro
  • Lugo: ás 12:00 na Ronda da Muralla (a altura do Edificio Sindical)
  • Ourense: dende o Pavillón dos Remedios ás 12.00 horas.
  • Pontevedra: dende a Praza da Ferrería ás 12.00 horas.
  • Ribeira: 12:00 horas, da Praza do Peixe.
  • Santiago: 12:30 horas na Praza Roxa.
  • Vigo: dende o cruce da Doblada con Urzaiz ás 11.30 horas.
  • Vilagarcía: dende a Casa do Mar ás 11.00 horas

Acude e difunde!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario