20 de novembro, manifestación contra a OTAN en Lisboa

nato1.pngsábado 20 de novembro terá lugar unha masiva manifestación na cidade de Lisboa, na que se prevé a participación de persoas e organizacións non só de Portugal senón tamén de diferentes lugares de Europa. O motivo é a defensa da paz, o desarmamento e a esixencia da disolución da OTAN, organización militar imperialista que que neses días celebrará unha cimeira na capital portuguesa, á que está previsto que asistan os presidentes dos países que a integran, encabezados polo dos Estados Unidos. A mobilización está convocada pola campaña “Paz sim, NATO não”, que xa leva varios meses en marcha.

As organizacións Movemento Galego ao Socialismo (MGS) e Isca! estamos a organizar unha comitiva para acudir desde Galiza a esta mobilización, co fin de manifestar a nosa oposición á OTAN, á guerra e ao imperialismo e ao tempo visibilizar a loita da nosa nación no contexto internacional.

Quen estea interesada/o en asistir pode dirixirse a nós nos enderezos electrónicos info@iscagz.org ou nacional@mgs-galiza.org, ou a través deste formulario.

Pódese consultar toda a información sobre a campaña e a mobilización aquí: http://www.pazsimnatonao.org/

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario