24 de outubro, paremos a LOMCE!

Miles de mozas galegas tomaron o pasado maio as rúas do País contra unha medida que prentende roubarnos unha parte das nosas vidas. Miles de berros de reivindicación, de indignación, de carraxe e de raiba. Miles de gorxas conscientes, combativas, insubmisas e organizadas. Esa mocidade galega rebelde que non dubida en sair á rúa para defender unha das bases fundamentais de toda sociedade, o ensino. Pero non calquer tipo de ensino. Un ensino integramente público ao servizo das clases populares, contrario aos postulados do capitalismo que entende o mesmo como un ben mercantil. De calidade, básico para a formación de persoas críticas e libres. Integramente en galego, incardinado na nosa realidade e na nosa historia tan silenciada e negada, sen imposicións de linguas ou modelos alleos. Democrático, onde o estudantado teña dereitos e participación real, suxeito activo da vida diaria dos centros. Non patriarcal, onde se visibilice a muller na historia e na sociedade.

Mais todo isto que nós arelamos, clave para que os sectores máis desfavorecidos da sociedade, as clases populares, poidamos avanzar na nosa loita pola igualdade de oportunidades e dereitos, vese trucando por unha reforma terriblemente mercantilizadora, cunha gran carga ideolóxica neoliberal, que homoxeniza pola vía da españolización delegando a nosa língua e a nosa cultura a un plano absolutamente testemuñal, antipedagóxica desde o momento que todo o ensino está enfocado ás necesidades concretas dos grandes monopolios, antidemocrática porque baleira de poder os xa escasos organismos de dirección colexiada, clasista porque impón unha gran cantidade de trabas para poder seguir os estudos, segegadora xa que permite abertamente a separación en función do sexo e confesional.

Porque sobran os motivos. Porque só coa mobilización podemos reverter esta situación Porque a axitación social e a pedagoxía son fundamentais para alcanzar a hexemonía. Porque o ensino é un dos piares básicos de calquera sociedade. Porque non podemos permitir o asalto definitivo do capital ao ensino público. Por unha Galiza con futuro sen emigación, sen pobreza e sen precariedade, desde Isca! chamamos á mobilización masiva da mocidade rebelde, chamamos a marchar na rúa canda as organizacións estudantís soberanistas o vindeiro día 24 de outubro facendo que esta data sexa realmente recordada.

Porque parar a LOMCE é fundamental para ter, como di a campaña que vén desenvolvendo Isca! desde hai meses, un futuro digno na nosa terra, sendo donos do noso destino e sendo libres de toda explotación.

> A fondo, que é a LOMCE?

> Descarga o Rebater en PDF

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario