Para conmemorar o Día da Patria Galega, Isca! organiza esta ano un pasarrúas reivindicativo que terá lugar na tarde do martes 24 de xullo na cidade de Compostela.
Este acto ten como obxectivo visibilizar polas rúas da capital do país, de xeito festivo e reivindicativo, a existencia dunha mocidade comprometida na loita contra este sistema que nos escraviza e nos nega cada vez máis dereitos. Unha mocidade que na víspera do noso día nacional reclamará con forza a independencia como única saída non só para a supervivencia da Galiza como pobo, senón tamén como único xeito de podermos construir libremente unha sociedade diferente, realmente democrática e con xustiza social.
O pasarrúas sairá por volta das 18:30h desde Bonaval, ao remate da homenaxe a Rosalía e Castelao que Galiza Nova organiza no Panteón de Galeg@s Ilustres, e nel contaremos con un grupo de música tradicional co que percorreremos as rúas da zona vella da cidade, para rematar o acto perto do Campus Sur, onde ten lugar o Festigal.
Igualmente, desde a nosa organización chamamos a participar na manifestación patriótica convocada polo BNG e que sairá o 25 de xullo ás 12h desde a Alameda de Compostela.
Contamos contigo!
Contra o seu sistema: conquistar a independencia, construir o socialismo!