25 de xullo: patria e revolución!

Chega un novo Dia da Patria, unha data que para nós marcou sempre no calendario unha xornada de reivindicación e loita. Unha loita que hoxe se fai mais necesaria que nunca, no medio dunha ofensiva continuada por parte dos gobernos e o capital contra os nosos dereitos como nación e como clase.

Nun contexto como este de ataques descarnados do capital, cumpre lembrar mais que nunca que non entendemos a liberación nacional sen a social e viceversa. Sen patria non hai revolución, e sabemos que nunha nación colonizada como a nosa non hai proxecto soberanista viábel que non pase pola esquerda, igual que non se pode defender coerententemente as clases populares sen cuestionar a nosa opresión nacional.

Hoxe máis que nunca faise evidente que os dereitos non se regalan, conquístanse. Por iso sabemos que só loitando poderemos garantir un futuro digno para o pobo traballador desta nación negada.  O Dia da Patria é un bo momento para demostralo.

A manifestación nacional convocada polo BNG sairá, como cada ano, ás 12h da Alameda de Compostela, e nela a mocidade organizada en Isca! participará activamente e farase ver e escoitar máis que nunca.

colante-dia-da-patria-2011.png

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario