6-D A Constitución é herdeira do fascismo

constitucion2015A constitución Española é o principal atranco legal para acadarmos o noso obxectivo de soberanía plena para o pobo galego. É un auténtico cabalo de Troia que se nos vendeu como garante da democracia após a ditadura franquista mais que realmente só foi e é unha ferramenta máis para que a oligarquía española manteña os seus privilexios mentres procura o sometemento de pobos como o noso.

A Constitución contén artigos descaradamente antidemocráticos. Negan o dereito dos pobos á súa autodeterminación, consagran a imposición do castelán na sociedade, institúen a anacrónica figura do rei, dan potestade ao exército español para defender a integridade territorial ou priorizan o pago da débeda pública fronte aos servizos sociais.

O noso pobo, sometido a un sistema capitalista criminal e inheremente corrupto, a un patriarcado en ofensiva e a un réxime español que nos prohibe vivir do noso e nos empobrece, só ten a soberanía e a independencia como vía para a construción dun futuro diferente, deixando atrás opresións de todo tipo e onde os dereitos políticos e sociais do pobo traballador estean garantidos e non poidan ser mercadoría para extraer lucro. Todo iso pasa por rachar co réxime capitalista español porque non existen reformas nin camiños intermedios. Baixo a súa constitución continuísta do franquismo non será viable ningún proceso revolucionario, nin a construción dun sistema diferente que transforme de raíz o paradigna económico e social.

6 de decembro, nada que celebrar!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario