[A Coruña] Agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista

Collendo o relevo de Ourense nos días nos que a caravana antifascista viaxa xa por territorio ruso e continuando coa campaña de solidariedade e información que a nosa organización vén desenvolvendo nas últimas semanas en apoio á loita antifascista que se está a dar na Ucraína, nomeadamente na zona do Donbass, mais non só, presentamos este novo acto público. Ante a barbarie nazi que pretende aniquilar a resistencia, manifestamos o noso apoio a todas as combatentes que non dubidaron en exercer a lexítima defensa contra un goberno que bombardea á súa propia poboación civil.

Os grandes medios de comunicación están a realizar o labor que se espera deles, ofrecendo a narración dos feitos que lle interesa ás oligarquías estadounidenses e europeas. Nese sentido é de vital importancia rachar co silenciamento mediático e espallar a realidade do que alí está a suceder.

Con ese obxectivo Isca! organiza na Coruña, o vindeiro venres día 3 de outubro ás 20:00 horas no Café Linda Rama (rúa Porta de Aires nº4) unha charla a cargo de Óscar Valadares, ativista de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, que leva por título “agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista“.

Non a perdades!

.

>> Ucrânia: o monstro fascista retorna a Europa

>> Apoio á caravana antifascista e ás combatentes no Donbass [GL] [EN] [RU]

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario