[A Coruña] Combater o machismo desde as aulas, sindicalismo e cultura

 

As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos un acto público baixo o título “Combater o machismo desde as aulas, o sindicalismo e a cultura“, para seguir respostando ao sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado. Acompañarannos para pór en común diversos coñecementos, vivencias e ópticas as compañeiras Erea Blanco (estudante e militante de Erguer), Lucía Freire (membro da Executiva Confederal da CIG e traballadora de Froiz) e Isabel Risco (actriz). Esta charla-coloquio terá lugar na aula 0.8 da Facultade de Educación da UdC (Campus de Elviña) o xoves 22 de marzo ás 13:00 horas.

Agardámoste!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario