[A Coruña] Construíndo a República en Catalunya + festa

patachimBotranComo xa temos analizado, o proceso soberanista catalán é hoxe a maior ameaza para a estabilidade do réxime español e o sistema que sustenta, pois aspira a tronzar por fin o “consenso constitucional” herdeiro do franquismo. Cómpre entender a independencia como a ferramenta imprescindíbel que nos permitirá tomar as redes do noso futuro e transformar radicalmente a realidade. Evidentemente, dispor dun estado propio non supón por si mesmo un cambio de sistema socio-económico mais é unha necesidade imprescindíbel se queremos dispor de condicións reais para facelo.

É, pois, o proxecto independentista o único transformador digno de tal nome e, amais, a única vía posíbel, nestes momentos, de ruptura democrática co réxime para abrir as portas a un proceso constituínte co dereito a decidilo todo. De como avanza e se constrúe a nova República organizamos unha palestra coa presenza do deputado da CUP-Crida Constituent Albert Botran o vindeiro sábado 27 a partir as 19:30h no pub O Patachim (Rúa Beiramar, 16. A Coruña).

Ao rematar, e co gallo de realizar un pequeno convivio anterior á XV Asemblea Nacional do BNG do día seguinte tamén na cidade da Coruña, organizamos unha festa con petiscos e pinchada de música.

Pásao e pásate!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario