[A Coruña] Festa solidaria cos compañeiros sancionados

festaSolidariaCorunhaHai semanas dabamos conta do acontecido a catro militantes da nosa organización por realizar actividade política na cidade da Coruña. No contexto dunha nova ofensiva do Estado Sionista de Israel contra a poboación palestina, compañeiras de Isca! e o MGS da Coruña realizamos un mural en solidariedade coa súa loita e a súa resistencia. Días despois, o Goberno Municipal decide iniciar un expediente sancionador impoñendo unha multa que ascende a 704€.

A persecución que na Galiza se vén realizando nos últimos anos contra os movementos de resposta social é evidente e palpábel con multitude de activistas sancionadas ou mesmo enxuizadas por denunciar publicamente diferentes situacións inxustas a nivel local ou global. O que chama poderosamente a atención é que a actuación dun goberno municipal -en mans da Marea Atlántica- que se autoproclama rebelde, insumiso e transformador sexa moi semellante á que tivo o goberno do Partido Popular da Coruña cando, na pasada lexislatura, sancionou con 600€ a tres compañeiros por realizar un mural en defensa dun Futuro Digno na Nosa Terra.

É por isto que desde Isca! da Coruña organizamos unha festa solidaria o vindeiro sábado día 16 de abril no Bar Faluya (Rúa Orzán nº 75). A partir das 20:00 horas contaremos cunha pequena foliada, chourizo ao pan, comida vegana e máis! Por volta das 22:00 horas contaremos coa actuación de VolkGZ co seu rap en galego.

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario