[A Coruña] Historia do movemento obreiro galego

actocorunha1972 é un ano fundamental para entender a historia da clase traballadora galega das últimas décadas, xa que poucos foron os conflitos laborais que tiveron unha repercusión tan importante no conxunto das clases populares como os graves acontecementos do 10 de marzo en Ferrol e a folga xeral de setembro en Vigo.

Desde Isca! entendemos fundamental para toda sociedade coñecer a súa historia e o seu pasado, sendo aí onde se atopan moitas das explicacións do presente. É esencial entender cando se conforma unha sociedade dividida en clases para analizar o nacemento e existencia dunha explotación de clase e combater mellor esas inxustizas. Ser quen de analizar que esa explotación de clase toma, na Galiza, forma de opresión nacional e por iso cobra tanta importancia a loita da clase traballadora galega para rachar os vencellos coloniais, a loita pola independencia e a plena soberanía.

O movemento político e sindical nacionalista comeza a se reorganizar a partir dos anos sesenta e setenta, irrompendo con forza a partir de multitude de conflitos populares. Esa realidade é a que queremos recuperar nun acto público o vindeiro xoves 12 de marzo a partir das 20:00 horas na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos, nº16, 1º. A Coruña) no que se proxectará un pequeno documental editado pola Fundación Moncho Reboiras que leva por título Síntese Histórica do Movemento Obreiro Galego (de sindicalismo e nación galega) e que contará coa posterior intervención de Ramiro Oubiña, membro da Executiva Confederal da CIG.

Anímate e participa!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario