Ante ti tes un novo documento formativo, a través dos cales Isca! pretende difundir e achegar contidos para o debate das ideas, que nos axuden a entender mellor o sistema e a nosa realidade. Desta volta trateremos a cuestión da sexodiversidade desde unha óptica de clase e como independentistas galegas.
Por unha banda falaremos da revolta popular no Stonewall Inn, da súa importancia, de como se inicia a revolta, de quen está contra ela e de diferentes movementos sexodiversos libertadores no mundo. Pola outra banda trataremos fenómenos como o pinkwashing, a homonormativización e a manipulación da sexodiversidade por parte do imperialismo.
“Na sociedade capitalista,a sexualidade non é xa únicamente obxectivo dun discurso normativo e codificado,senón que, ao propio tempo, é fonte de beneficios a través da súa comercialización”. Jean Nicolas (1995)