A Liga considera inadmisibel a suba de taxas proposta polo Reitor da USC

A seguir reproducimos o comunicado difundido pola Liga ante a suba das taxas anunciada polo reitor da USC, Casares Long:

 

Dende a Liga Estudantil Galega facemos unha valoración moi negativa das palabras do Reitor Casares Long, que afirmou onte que é “inevitable” abordar unha suba de taxas na Universidade de Santiago de Compostela. Consideramos que supón, unha vez máis, un ataque á Universidade pública e un atranco para o estudantado, especialmente aquel de baixos ingresos, no seu acceso á Educación Superior.

O Reitor, pola contra, non tivo un posicionamento tan firme ante a situación do financiamento estrutural que outorga a Xunta de Galiza: nos últimos tres anos (os do goberno do PP na Xunta), os orzamentos para o SUG descenderon un total do 19%, mentres que a súa distribución vén determinada por criterios competitivos entre as universidades galegas cunha nula estratexia para a educación superior en clave de País.

É evidente o escaso interese dende as institucións públicas deste país en manter un servizo de calidade na universidade, buscando a súa progresiva privatización a través do afogamento económico e a elitización do ensino superior mediante medidas como a suba das taxas, descenso de becas e diminución de prestación de servizos. Pola contra, é necesario plantexar unha alternativa onde sexan os poderes públicos quenes financien o sistema universitario baixo parámetros semellantes aos países da nosa contorna. Se a media da UE-15 en gasto de Universidades rolda o 1,3% do PIB, en Galiza non chegamos ao 0,75%, tendo en conta ademáis un déficit histórico no Ensino Superior.

O modelo educativo ten que camiñar cara a redistribución social, suprimindo as diferencias económicas e democratizando o acceso á Universidade e a súa xestión.

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario