Entre o ano da proclamación do Día Internacional da Muller (1910) e a institucionalización formal pola ONU teñen pasado 67 anos.
En marzo de 1972, Hertta Kuusinen propón á Comisión para o Estatuto das Mulleres (CSW) que a ONU proclame un «Ano Internacional da Muller» co o obxectivo de chamar a atención do sistema das Nacións Unidas e do mundo para a situación e as necesidades específicas das mulleres. Esta proposta foi secundada por outras organizacións de mulleres e tivo o apoio das delegadas dos gobernos da Finlandia e da Romanía. A CSW recomendou á Asemblea Xeral a proclamación do ano1975 como “Ano Internacional da Muller”, cuxa deliberación aconteceu en Decembro de 1972.
Nas décadas que decorren entre as primeiras celebracións do Dia Internacional da Muller e a súa institucionalización pela ONU, a actuación das mulleres e das súas organizacións, nomeadamente as mulleres do movemento comunista internacional, foi determinante para que o 8 de Marzo perdurase até hoxe.
A década de 1920 foi un período de organización das mulleres comunistas de todo o mundo, acompañando as resolucións das Conferencias de Mulleres da Internacional Comunista. Con todo, a crise xeral do sistema capitalista internacional xerada pola crise mundial de 1929-33, a multiplicación de conflitos armados en varios países do mundo, a ascensión dos réximes fascistas e a brutal represión, que viñeran a impor outra terríbel guerra, dificultou a actuación das mulleres e das súas organizacións mais consistentes que, mesmo así, mantiveran viva a celebración do 8 de Marzo, transformandoa nun símbolo de loita revolucionaria e mantendo a orixe singular de loita contra a guerra e pola paz.
A pesar dos enormes constrinximentos, as mulleres e as súas organizacións levaran a cabo unha vasta actividade na loita antifascista, criando organizacións propias, como por exemplo o Comité Mundial de Loita contra a Guerra e o Fascismo, ou integrando redes clandestinas de solidariedade e apoio aos presos políticos ou aos exércitos liberadores.
Antes mesmo da capitulación do nazi-fascismo, (Maio de 1945), xa as mulleres preparaban, no dia 8 de Marzo, o nacemento da que viría a ser a organización mais combativa, a “Federación Democrática Internacional de Mulleres”, que converteu o Dia Internacional da Muller nunha xornada mundial de acción das mulleres polos seus dereitos propios contra todas as formas de discriminación.
Sociedade das Nacións e Organización Internacional do Traballo
Após a I Gran Guerra, os representantes dos gobernos vencedores reuníronse na Conferencia de Paz de París (1919) para fundar a Sociedade das Nacións e a Organización Internacional do Traballo (OIT). Estiveron presentes algunhas organizacións internacionais de mulleres, tal como o Consello Internacional das Mulleres, a Alianza Internacional de Mulleres, a Federación Internacional de Mulleres Profesionais e de Negocios, a Federación Internacional de Mulleres Universitarias e a Liga Internacional para a Paz e Liberdade.
Unha das primeiras recomendacións da OIT foi a Convención Sobre a Protección da Maternide, que incluíu moitas das reivindicacións dos partidos operarios e revolucionarios sobre o traballo das mulleres e a necesidade de protección das traballadoras grávidas.
A creación da Sociedade das Nacións e da OIT, en paralelo coas negociacións do Tratado de Paz de Veraslles, foran instrumentos utilizados polos liberais e polos socialistas reformistas para subxugar o proceso revolucionario e reducir as tensións sociais en varios países europeos, preparar o estabelecemento das democracias parlamentares e manter o dominio do capitalismo imperialista, co o obxectivo de repartir recursos e riquezas dos territorios colonizados.
Clara Zetkin referíase à Sociedade das Nacións como «a Internacional dos capitalistas para a explotación dos traballadores do mundo enteiro». De facto, a política imperialista da Sociedade das Nacións serviu para conter a loita dos traballadores, «dividir» os recursos dos países colonizados, preparar alianzas militares, permitir a ascensión dos poderes fascistas que inevitablemente conduciron á terrible guerra imperialista. A Sociedade das Nacións desapareceu co inicio da II Guerra Mundial.
O sistema da ONU
No final da guerra realizou-se a primeira conferencia da ONU (S. Francisco, 1945) e, no inicio de 1946, a sesión inaugural en Londres. Os dereitos das mulleres figuraron na primeira sesión. En Xuño de 1946 é criada a Comisión do Estatuto das Mulleres (CSW) para a promoción da igualdade e dos dereitos das mulleres, co mandato de preparar recomendacións e informes sobre problemas urxentes acerca da situación dos dereitos das mulleres nos dominios políticos, social, educativo, civil e económico.
A primeira sesión da CSW tivo lugar en Nova Iorque (Febreiro, 1947), con representantes de 15 gobernos, todas mulleres. Nos primeiros anos, até 1962, centrou o seu traballo na pesquisa de datos sobre o estatuto das mulleres nos varios países do mundo e na preparación das convencións internacionais para o progreso do estatuto das mulleres.
A ONU distingue desde 1975 o Dia Internacional da Muller mediante de declaracións do seu Secretario-Xeral, mais as restantes organizacións do sistema das Nacións Unidas só o pasaron a facer regularmente bastante despois da 4.ª Conferencia da ONU sobre as Mulleres (Pequín, 1995).
En 1975, durante o Ano Internacional da Muller, a ONU comezou a marcar no almanaque o 8 de Marzo como Dia Internacional da Muller e, en 1976, pela primeira vez un secretario xeral da ONU emite unha declaración. Kurt Waldheim rememora a Década da ONU para a Muller (1975-1985), cuxos obxectivos foran definidos en Decembro de 1975: Igualdade, Desenvolvemento e Paz.
En Decembro de 1977, a Asemblea Xeral da ONU adoptou a resolución que «Convida todos os Estados a proclamar, dacordo coas tradicións e costumes históricos e nacionais, o Día das Nacións Unidas polos Dereitos das Mulleres e pola Paz Internacional».
Tanto a deliberación sobre o Ano Internacional da Muller (1975), como a Década da ONU para a Muller (1975-1985), espertaron mobilizacións en todo mundo sobre os dereitos das mulleres e arrastraron a outras organización intergubernamentais a unirse a esta celebración.
A acción continuada e persistente das organizacións de mulleres e das súas reivindicacións levou os gobernos a tentar producir mudanzas lexislativas sobre os dereitos políticos, civís e sociais das mulleres en todo o mundo, facto positivo aínda que de alcance reducido fronte os problemas e as necesidades concretas da vida da grande maioría das mulleres.
Se é certo que a actuación das organizacións de mulleres reverteu nun avance do estatuto das mulleres en varios países do mundo, tal circunstancia debe tamén ser entendida en función do contexto político internacional. De facto, ao longo do século XX, a maioría dos países capitalistas consagrou a igualdade política e xurídica das mulleres e os responsables das organizacións intergubernamentais, ou os dirixentes políticos gubernamentais, víronse obrigados (nunha conxuntura de gran axitación e loita organizada das mulleres neses países) a conferir algúns sinais de apertura de xeito que se acompañaron conquistas do mundo socialista.
Nos anos que corresponderon á Década da ONU para a Muller (1975-1985), no contido das declaracións dos secretarios-xerais (Kurt Waldheim e Perez de Cuellar) que estableceron o Dia Internacional da Muller foi dada grande importancia á organización interna do sistema das Nacións Unidas, aos nomeamentos de mulleres para os seus cargos dirixentes e á creación doutra estrutura ou organismo.
A partir de 1995, a ONU rememorará o Dia Internacional da Muller cun tema específico. A escolla dos temas non é deixada ao azar, e está influenciada polas axendas políticas dominantes, nomeadamente coas orientacións sobre investimento nos países en vías de desenvolvemento e o papel dos grupos económicos e de institucións como a OCDE, o Banco Mundial ou o FMI. É dada énfase á violencia contra mulleres e raparigas e á paz, mesmo cando aumentan as zonas de conflito mundiais.
Actualmente, a maioría das organizacións do sistema da ONU, polo menos as mais visíbeis, non deixan de lembrar o Dia Internacional da Muller con declaracións ben soantes, evidenciando a «vivacidade» das economías e as novas posibilidades de negocio que apostan nas mulleres, a mais-valía que as mulleres representan en termos económicos, a necesidade de promoción da igualdade de «xénero» para facer avanzar a economía e a democracia e acabar coa pobreza. Entóanse loubanzas ao micro crédito, o truco de maxia para acabar coa pobreza das mulleres, porque «a independencia económica e o emprendedorismo é o soporte da emancipación e empoderamento das mulleres».
Nun contexto de alteración da correlación de forzas como resultado das derrotas do socialismo no Leste da Europa, da violenta ofensiva do capitalismo neoliberal e do imperialismo (que acentúa a explotación, a opresión, o militarismo e a guerra) e do conxuntural enfraquecemento dos movementos e organizacións de mulleres, asístese a unha prolongada ofensiva política contra os dereitos das mulleres, apoiada por unha ofensiva ideolóxica que ten avanzado sen moitos reveses.
Unha das armas mais perniciosas do capitalismo é a capacidade de se apoderar dos símbolos que antes pertencían á clase traballadora para os adulterar. A ideoloxía dominante ten conseguido facer pasar a idea de celebración do 8 de Marzo como un dia das mulleres «en xeral» unidas en causas «comúns», sen distinción de intereses de clase.
Apesar de ser froito da loita das mulleres, tornándose unha conquista civilizacional, a institucionalización do 8 de Marzo pola ONU acabou por disipar a matriz operaria e revolucionaria que tivo na súa orixe, mais o seu simbolismo terá de ser rescatado dos cerimoniais vans e da retórica baleira en que se tornaran actualmente as comemoracións oficiais, marcadas pola case exclusiva visibilidade da axenda política de gobernos e organizacións intergubernamentais, pola ocultación deliberada das celebracións de raíz mais auténtica ou popular, e das exixencias das organizacións de mulleres mais progresistas que precisan de maior visibilidade. Este é un desafío que se coloca, no presente e no futuro, ás organizacións de mulleres traballadoras e progresistas e ás forzas revolucionarias que as apoian, sexa a nivel da UE, sexa noutros fórums internacionais, incluíndo da propia ONU, aínda que saibamos que a súa concretización tamém depende da evolución da loita de clases que se desenvolve.
Texto tirado do 8 de Março – Dia Internacional da Mulher e a sua matriz revolucionária. PCP