A mellor homenaxe: a vitoria!

colantegzmartir.png

Isca! participou dos actos conmemorativos do Día da Galiza Mártir, no que anualmente se lembra o asasinato de Alexandre Bóveda a mans do fascismo así como a todas e todos os mártires da loita pola xustiza social e liberdade da nosa nación. Como cada ano, tivo lugar un acto xa de mañá na Caeira, no Concello de Poio, onde Bóveda fora fusilado. Despois celebrouse no Pazo da Cultura un xantar onde foron entregados premios a Francisco Fernández del Riego, Avelino Pousa Antelo, Xaime Illa Couto e Isaac Díaz Pardo en homenaxe á súa militancia xuvenil durante a república. Xa á tarde, a homenaxe no cemiterio precedeu a actividade central da xornada, ao pé do monumento ao dirixente galeguista asasinado, na que arredor de dous centos de persoas escoitaron o discurso do alcalde de Pontevedra e cantaron o himno nacional, nun acto no que se viron faixas de Isca!, Galiza Nova e o Centro Social Revira.

gzmatir2.jpggzmartir1.jpg

 

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario