A mocidade organizada: un mundo a gañar

A mocidade, como grupo que sofre unha opresión extrema por parte do sistema capitalista, está presente en todas as loitas pola conquista de dereitos colectivos e mellora da vida das clases populares.

Grazas á intervención organizada da mocidade en todos os conflitos, é posíbel o avanzo nas posturas e a súa ligazón cunha loita estratéxica para superarmos o sistema capitalista —tendo o marco nacional como referencia.

Co obxectivo de pórmos en valor as ferramentas organizativas das organizacións xuvenís independentistas, a necesidade de programar o táctico en función do estratéxico e dar a coñecer diferentes realidades nacionais para nutrirmos os nosos movementos xuvenís; o vindeiro Día da Patria, 25 de xullo, celebraremos un acto internacionalista coa presenza de La Forja, Ernai e Arran.

O acto celebrarase ás 16:30 nas escaleiras da Facultade de Químicas da USC.

Acude e difunde!

Acto internacionalista de Isca! polo 25 de xullo de 2024 ás 16:30 na Facultade de Químicas da USC

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario