A realidade Siria a debate en Ourense

Desde a Asemblea de Zona de Isca! de Ourense organizamos unha charla-coloquio sobre a situación actual en Siria na que participará Óscar Valadares, do Comité de solidariedade internacionalista “Mar de Lumes“. Nela poremos sobre a mesa a realidade deste país de Oriente Próximo desde un outro punto de vista, pondo o foco sobre diversas cuestións: que é Siria como país, cales son os intereses occidentais en Siria e na rexión, quen son os rebeldes sirios, ou cales son as consecuencias dunha intervención militar directa. Animamos á mocidade de Ourense a participar, a dar o seu punto de vista e a debater sobre este tema de recente actualidade.

O acto terá lugar o vindeiro mércores día 6 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo de Ourense (Rúa da Habana 25, baixo).

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario