Falar da Revolución Bolivariana pasa por unha revisión do que foi o devir destes 13 anos de proceso bolivariano, democrático, revolucionario e, nos últimos tempos, de construción do socialismo, o noso socialismo. Sen lugar adúbidas, compartímolo co hemisferio, foi un proceso inclusivo, participativo de apertura ás correntes de pensamento progresista e de esquerda que por moitos anos viñamos apostando por un cambio xenuíno nas desgastadas estruturas do Estado venezolano e que por razóns que en breve comezaremos a analizar, desembocaron indefectibelmente no ciclón bolivariano; os venezolanos e venezolanas tomando os destinos patrios a través dun proceso revolucionario que se iniciou constitucionalmente no ano 1999, co trunfo de Hugo Chávez Frías, o noso Comandante Presidente.
Así pois, foron máis de 40 anos dun modelo de submisión ao capital, ao imperialismo, ás transnacionais, aos pactos políticos duns poucos en detrimento das grandes maiorías, a medidas impostas polo neoliberalismo que chegado o momento asfixiaron o mundo. Isto aconteceu os días 27 e 28 de febreiro de 1989 e denominouse “O caracazo”, estalido social que espiu a partidocracia, os chamados demócratas para dicirlles: que democracia? Escoller sen que nada aconteza no marco dunha sociedade cunhas profundas diferenzas sociais. A partir de 1989 co espertar do pobo venezolano, as transformacións na conciencia cidadá fóronse sucedendo de xeito progresivo, sen que incidise na desgastada dirixencia da dereita que non soubo interpretar a trascendencia daqueles feitos.
É o Comandante Hugo Chávez quen escoita e interpreta o pobo, e lánzase en armas cun grupo de compañeiros da Fuerza Armada venezolana o 4 de febreiro de 1992. É a rebeldía produto do amor pola Patria, é a rebeldía por asumir a responsabilidade de reivindicar a conciencia nacional e loitar contra a dexeneración moral na que caera o país baixo a clase dirixente en Venezuela.
Anos máis tarde (1994), e logo de arrogarse os seus actos de xeito heroico, sae do cárcere da man dun pobo que o levou ao trunfo electoral en decembro de 1998. Foi o trunfo das maiorías, dos excluídos e excluídas, dos invisbilizados e invisibilizadas, dos obreiros, das obreiras, os campesiños e as campesiñas, o trunfo sobre a alianza dos partidos da burguesía e as oligarquías existentes e submisas durante décadas ao imperialismo.
Descarga e difunde!