A rojigualda NON é un símbolo neutral!

Quérennos vender que a rojigualda representa a unión de todas as españolas, e que o seu significado se pode adaptar como queiramos.

Mais nós temos memoria, e lembramos que bandeiras están sempre ao carón das traballadoras, en apoio ás greves; sabemos cales se levan en defensa da terra nos movementos ecoloxistas, para reivindicarmos os nosos dereitos a ser e amar como queiramos e para apoiarmos a outros pobos dende o internacionalismo.

Por iso nós, na Galiza, consideramos que a única bandeira que representa a liberdade, o progreso e a igualdade é a que historicamente se reivindicou polas loitas xustas e o avance social. A que defendemos dende a mal chamada transición. É a bandeira que nos irmanda coma pobo e que estivo, está e estará coa clase traballadora.

Non te deixes enganar; contra o avance do españolismo:

TERANNOS DE FRONTE

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario