A súa festa nacional conmemora un xenocidio. 12-O, nada que celebrar!

Máis un ano, levamos ás rúas galegas a nosa campaña de denuncia da conmemoración que o españolismo fixou como a súa “Fiesta Nacional”. Cada 12 de outubro, España festexa a inicio da súa colonización a sangue e lume do continente americano. É ben ilustrativo que a principal data de referencia chovinista para o Estado que nos oprime estea fincada sobre millóns de mortos que o seu imperialismo deixou durante séculos en todo un continente. Como resposta a iso, son cada vez máis os movimentos de resistencia anti-imperialista que chaman a convertir esa mesma data nunha xornada de denuncia, o Día da Resistencia Indíxena.

Este ano, ademais, o goberno español aproveita especialmente esta efeméride reaccionaria para reafirmar con propaganda a defensa da unidade estatal que cada vez lles resulta máis dificil manter, ante a crecente conciencia dos pobos oprimidos de que ningun futuro digno pasa por permanecer amarrados a este decadente estado.

Con España non temos futuro. Imos conquistar a independencia!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario