A tortura non é cultura!

rafael_louzan.jpgEn diversos concellos do noso país as touradas preséntanse como xeito de amenizar os días feriados, e perante as críticas daquelas persoas que defendemos os dereitos dos animais, alégase o argumento da tradición e da cultura, argumentos fácilmente desmontábeis. Queremos defender como cultura o asasinato vil, cobarde e sanguinario de animais? Vamos manter unha tradición que defenderon sempre as clases máis reaccionarias e españolistas, sen plantexarnos o sufrimento que ésta causa?

Aquelas persoas que defendemos unha sociedade baseada en valores como o respecto dos dereitos dos animais e da natureza, non podemos senón opoñernos a unha “festa” que consiste na tortura, matanza, ensañamento e asasinato dun animal indefenso, para o disfrute duns cuantos cobardes e hipócritas que consideran que a súa macabra diversión está por riba da vida e do sufrimento dos seres vivos.

Este tipo de “festexos” subvenciónanse na meirande parte das ocasións con diñeiro público: os nosos cartos empréganse para financiar o sufrimento animal, cando as enquisas sinalan que só perto dun 3% das galegas se manifestan a favor destas  torturas. É salientábel tamén a hipocresía das autoridades políticas, que endurecen as leis respeito ao maltrato de animais, e organizan campañas polos dereitos de cans, animais en perigo de extinción…, mais que acuden masivamente ás touradas a disfrutar do asasinato de seres vivos: un exemplo é o do próximo presidente da Xunta galega, Núñez Feijoo, aficionado ás touradas.

No noso país existen distintos movementos e plataformas que reclaman o cese das touradas e que chaman á poboación, maioritariamente contraria a esta forma de tortura, a sair ás rúas a protestar e boicotar as touradas, como son a Plataforma Pontevedra Antitaurina ou a plataforma Galicia mellor sen touradas. Por isto, desde ISCA! apoiamos e participaremos nas accións que Galiza Nova ten programadas este domingo en Padrón a partir das 17.30 da tarde, perante a praza móbil, para protestar contra as touradas que terán lugar no concello ao longo do día.

As touradas non son arte nen cultura, son tortura!

antitouradas-compostela.jpg

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario