Aborto libre e gratuíto! Manifestación en Vigo o 28 de setembro

Este 28 de Setembro a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento a participar da manifestación que terá lugar en Vigo ás 20.00h e que percorrerá a cidade dende a praza da Farola de Urzaiz ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Manifestación convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal.

A Marcha Mundial ven realizando durante os meses de Agosto e Setembro convocatorias de concentracións todos os martes ás 20.30h como parte dunha campaña de resposta na rúa ás ameazas do goberno do Partido Popular que quere modificar a actual lei do aborto para retroceder nos dereitos das mulleres. Dende a Marcha chámase a participar nesta manifestación do 28 de setembro como punto de chegada desta campaña de resposta na rúa e punto de partida para as accións que desenvolveremos dentro da Campaña Europea que comezará o 4 de Outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos, este 28 de setembro o feminismo na Galiza liderando a loita polos dereitos das mulleres no noso país partilla convocatoria con todas aquelas mulleres que no estado e no mundo, sairán ás rúas para defender o noso #dereitoadecidir e o #abortolibre.

Venres 28 de setembro

Vigo, dende a Farola de Urzáiz
20.00h
Manifestación!!

ACUDE E DIFUNDE!!!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario