Acto na Coruña: reformas do capital e alternativas

 O capitalismo é un sistema incapaz de proporcionar á xente moza unha alternativa distinta á explotación e á miseria. Inmersos nunha nova e fonda crise do capitalismo na súa fase neoliberal os poderes económicos que nos gobernan xa non se preocupan en disfrazar a súa voracidade lexislando medidas terroríficas contra a clase traballadora. Reforma laboral, reforma das pensións, reforma da negociación colectiva, recuperación da figura do aprendiz, posibilidade de reenganchar contratos temporais, contrato de prácticas, etc. A explotación, a miseria e os despedimentos conxúnganse á perfección debuxando o futuro que nos agarda ás mozas e mozos deste País mentres que nos gobernen os mesmos que nos meteron nesta crise.

Desde a Asemblea de Zona de Isca! da Coruña organizamos un acto de denuncia das políticas que o PSOE e o PP estiveron e están a levar a cabo en materia laboral desde a Xunta de Galiza e desde o Estado, analizaremos tamén como combatilas e as alternativas que existen. Intervirá Ramiro Oubiña, membro da Executiva Confederal da Confederación Intersindical Galega (CIG).

Terá lugar o vindeiro venres 13 de xaneiro nas 20:30 no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda sito na rúa Olmos 16-18, 1º andar.

cartaz.png

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario