Acto na coruña sobre ecoloxismo, política forestal e actitudes.

palestraisca.jpg

 A Asemblea de Isca! da Coruña organiza unha charla-coloquio arredor do ecoloxismo en xeral, sobre as actitudes individuais e colectivas a respecto deste tema, e máis en particular a respecto das políticas de prevención e extinción dos incendios forestais levada a cabo pola Xunta de Galiza, todo motivado pola recente queima das Fragas do Eume.

Contaremos coa participación de Froilán Pallín, secretario xeral de ADEGA e Teresa Moure, escritora e profesora. Terá lugar o vindeiro venres día 27 de abril a partir das 20:00 horas no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sito na rúa Olmos 16-18, 1º andar.

Anímate e participa!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario