Ante o criminal ataque do Estado israelí contra a Flota da Liberdade que transportaba axuda humanitaria a Gaza, a nosa organización quere facer públicas as seguintes consideracións:
-A masacre de 19 activistas por parte do exército sionista supón un acto de guerra en toda regra que merece as máis enérxicas condenas internacionais. Non pode por máis tempo este novo nazismo refuxiarse nas defensas cúmplices dos países imperialistas coma os Estados Unidos. Os organismos internacionais deben tomar medidas e levar adiante sancións contra Israel de xeito inexcusábel.
-Este atentado demostra máis unha vez a falla de interese de Israel por unha solución negociada. Ademais, amosa ás claras como a súa estratexia é a tensión permamente que lle permita xustificar as accións do seu exército e levar a cabo un xenocidio en Palestina. A Israel non lle interesa a paz.
-Reafirmamos a nosa aposta por un Estado Palestino nos seus territorios históricos para pór fin á ocupación e ao conflito.
Hoxe, coma sempre, Galiza con Palestina e cos defensores da súa causa arredor do mundo.
Concentracións 1 de xuño às 20:30h:
A Coruña: No Obelisco.
Santiago de Compostela: Praza ddo Toural.
Ferrol: Diante do edificio da Xunta de Galicia.
Pontevedra: Praza da Peregrina.
Vigo: No MARCO.
Lugo: Praza Maior.