Ante as detencións que a policia española vén de realizar no día de onte, luns, en Compostela, desde Isca! queremos manifestar a nosa solidariedade coas compañeiras prendidas e mais coas súas organizacións así como co conxunto do estudantando galego que está a demostrar ser un dos colectivos que máis está a facer fronte na rúa ás políticas impostas polo capital. Detencións que se enmarcan, desde xa hai meses, nunha escalada represiva contra os movementos de resposta social, cun aumento considerable de sancións e xuizos contra persoas que alzan a voz para denunciar a situación de miseria á que nos condena este sistema criminal, cunhas taxas de desemprego e emigración xuvenil absolutamente intolerábeis.
Animamos á mocidade galega a participar nas concentracións que, en réxime de auto-convocatoria, están a surxir en distintas vilas e cidades do País, como aconteceu onte e hoxe en Compostela e Lugo, e como as que están previstas en Ourense (20:00 horas na Subdelegación do Goberno) e Vigo (20:00 horas na Farola) mañá mércores e na Coruña e de novo en Compostela (19:00 horas no Toural) o xoves.