Non hai moito denunciabamos nun artigo publicado neste mesmo portal o interese do imperialismo nun obxectivos claros: cercar a Rusia para afogala economicamente, integrar a Ucraína na NATO, controlar os gasoductos que percorren o seu territorio e que fornecen a Europa e subordinar a economía ucraniana aos ditames do FMI. Para conseguir isto non importan os métodos nin as vidas humanas que se podan perder, por iso despertaron de novo ao monstro fascista no leste de Europa desatando a violencia incontrolada contra comunistas, homosexuais e moitos outros colectivos.
Ante a barbarie nazi que pretende aniquilar a resistencia en Novorossia, desde Isca! manifestamos o noso apoio e solidariedade sen fisuras ao movemento antifascista das Repúblicas Populares de Donetsk e Lugansk, e ás perseguidas de toda Ucraína. Manifestamos o noso apoio a todas as combatentes que non dubidaron en exercer a lexítima resistencia contra un goberno que bombardea á súa propia poboación civil.
Por todo isto mostramos tamén a nosa adhesión e apoio á caravana antifascista que está a organizar o grupo Banda Bassotti e que chegará ao Donbass no mes de setembro por medio dun comunicado en video e levamos a cabo diversas accións simbólicas en varias localidades do país para demostrar que a mocidade rebelde galega está co pobo do Donbass e o movemento antifascista na Ucraína.
Porque a solidariedade dos pobos é imparable.
O fascismo NON PASARÁ!
.
Comunicado
Galego
As mozas revolucionarias organizadas en Isca! mostramos o noso apoio á caravana antifascista que está a organizar o grupo Banda Bassotti e que chegará ao Donbass no mes de setembro.
Facemos un chamamento a todo o movemento antifascista e antiimperialista a espallar a solidariedade a todos os recunchos do planeta e rachar así coa política de silencio que practica Occidente. Porque para a mocidade revolucionaria a práctica da solidariedade internacionalista debe ser unha tarefa prioritaria.
Queremos denunciar tamén as prácticas colaboracionistas da Unión Europa e dos Estados Unidos coa Xunta golpista de Kiev e as forzas políticas de extrema dereita que practican no leste de Ucrania a limpeza étnica e ideolóxica.
Viva a loita popular na Novorrosia . por un mundo libre de nazismo e fascismo!
Non pasarán!
.
English
The revolutionary youth organized in Isca! want to show our support for the anti-fascist caravan being organized by Banda Bassotti and that will reach Donbass in September.
We want to make a call to all the anti-fascist and anti-imperialist movement to spread solidarity the world over and break the policy of silence put in practice by the West. For revolutionary young people, internationalist practice must be a prioritary activity.
We also want to denounce the EU and US’s collaborationist policy with the Kiev Coup Junta and the far-right parties, who are guilty of ethnic and ideological cleansing in eastern Ukraine.
Long live the Popular Struggle in Novorrosia! For a world free of nazism and fascism!
They shal not pass!
.
русский
Революционная молодежь организации “Иска!” Покажем нашу поддержку антифашистскому каравану, который организует Банда Бассотти, и который прибудет в Донбасс в сентябре.
Мы призываем всех входящих в антифашистские и антиимпериалистические движения проявлять солидарность во всех уголках планеты, и таким образом порвать с политикой молчания, практикуемой на Западе. Потому что для революционной молодежи интернациональная солидарность должна быть одной из приоритетных задач.
Мы также осуждаем политику поддержки со стороны Евросоюза и Соединенных Штатов Киевской хунты, осуществившей переворот, и крайне правых политических сил, проводящих этнические и идеологические чистки в Восточной Украине.
Да здравствует народное сопротивление Новороссии! За мир, свободный от нацизма и фашизма!
Но пасаран!