As mulleres decidimos. Aborto libre!

Como estaba anunciado, a dereita españolista que goberna o Estado español acaba de atacar duramente os dereitos das mulleres que queremos ser libres e decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas. Así, vense de aprobar definitivamente a reforma da lei do aborto, abandeirada polo ministro Gallardón.

Desde Isca! vimos denunciando xa nos últimos meses esta nova agresión e estamos a facelo tamén estes días nas rúas do pais. Igualmente animamos a toda a mocidade a participar das diferentes respostas a todas as agresións do patriarcado e especialmente a esta lei infame, convocadas por diferentes organizacións e pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que facemos parte.

Participa e loita, xuntas podemos! Aborto libre e gratuíto!

>>Rebater, folla axitativa de Isca, sobre a Lei do Aborto.

>>Manifesto da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

 

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario