Asemblea Nacional Constituínte

Os pasados días 15 e 16 de Xullo celebrouse en Compostela a Asemblea Nacional Constituinte da Organización Xuvenil “Isca” . Baixo este nome, que fai referencia a unha materia facilmente inflamábel, agruparanse diversos mozos e mozas militantes de Galiza Nova (organización xuvenil do BNG) coprometidos cos valores do nacionalismo desde unha óptica de esquerda anticapitalista.

O propósito desta nova organización xuvenil é o de aglutinar a aqueles sectores da mocidade especialamente críticos coa deriva actual da política institucional en Galiza. Neste sentido os mozos e mozas de Isca centrarán especialmente o seu traballo, ademais de en Galiza Nova, en ditintas organizacións sociais que centren o seu traballo na nación galega.

Anc ISCAA destrución dos sectores produtivos básicos, asi como a aplicación do proxecto neoliberal fixeron da mocidade un sector especialmente vulnerábel no mundo laboral. Na Asemblea Nacional celebrada en Compostela os e as xovens militantes nacionalistas analisaron o distanciamento existente entre a mocidade e as organizacións políticas, e concluiron que unha parte importante da responsabilidade por este feito recae nas propias organizacións. Do mesmo xeito os e as mozas de Isca debateron unha ponencia referida á situación actual do BNG na que salientan a necesidade de rearticular un espazo político claramente de esquerdas que teña como bandeiras a democracia participativa e a defensa irrenunciabel do direito de autodeterminación para Galiza.

Os mozos e mozas de Isca comprometéronse tamén a darlle prioridade á loita pola defensa do idioma galego, a traballar en clave participativa con todos os movimentos sociais xuvenis e a pular por integrar outras loitas ao discurso “oficial” do BNG.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario