Axenda para a fin de semana do 18/10

Encontro Internacional da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Celébrase en Vigo o sábado e o domingo con diferentes actos que podedes atopar neste programa

Salienta na nutrida programación o encontro de mozas feministas, o Foro e Feira da Soberanía Alimentar, e por suposto a Manifestación do domingo ás 12:00 desde a praza do Concello de Vigo baixo o lema : “CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES PARA CAMBIAR O MUNDO, CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES”

_______________________________________________

 

A RÍA NON SE VENDE: CONCERTO EN CANGAS

 

Este sábado 18 de outubro a partir das 20:00 H. no Centro Social A Tiradoura de Cangas, concerto organizado pola rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE coa participación de

KOGITO

Ska feito na Galiza

SOM DO GALPOM

Funky, reggae e rap dende as tebras de Compostela

LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIK

Leo e Arremecajona + Gharcía (Dios ke te crew)

Pola tarde exhibición de graffiti a cargo de Sokram, Mou, Miska, Paula, Iste e Chek. E ó remate dos concertos: Selecta in Helicopter + DJ Anthoni + Micro aberto.

Festival de loita e defensa da Ría de Vigo.

Goberne quen goberne a ría non se vende, Galiza non se vende!

 

_______________________________________________

Concerto polas Seleccións Galegas

 

Siareir@s Galeg@s organiza unha festa concerto pola oficialidade dos nosos combinados deportivos, en solidariedade co centro social O Pichel.

 

A xornada comeza ás 21:30 do sábado no Centro Social, coas actuacións de Arenga, punk-rock desde terras do Eume, e co Dj A Morrinha Sound Anti-Systema, ska-reggae-dub.

 

_______________________________________________

 

HOMENAXE AOS ASASINADOS NA VOLTA DOS NOVE EN BAIONA

 

Organizada poloIEM:

 

Na madrugada do 16 de outubro de 1936 foron asasinados nove veciños do Val Miñor na Volta dos Nove. Neste anos viñemos realizando unha serie de actividades para recuperar a súa memoria e a de todos os represaliados no Val Miñor e en todo o país.

O sábado 18 de outubro realizarase unha sinxela ofrenda floral no mesmo lugar do asasinato, ante á arbore de bronce que recorda a súa memoria, ás doce do mediodía.

 

__________________________________________________

 

 

FEIRA TERRACTIVA EN ARZÚA

 

Terractiva 2008 : a maior feira ecolóxica da Galiza. Arzúa, 18 e 19 de outubro.

Baixo o lema “A terra e a cidadanía son o noso país” arrinca o Terractiva 2008 para denunciar os grandes defectos que sofre Galicia no que respecta ao desenvolvemento ambiental. O lema deste ano responde a unha vontade estendida na sociedade galega como é a de mirar cara ao noso e de vivir do xeito máis respectuoso posible coa contorna.

GALIZA NON SE VENDE estará tamén presente nos diferentes actos programados e terán un stand de seu. Neste sentido, salienta a organización dun debate sobre o Plano Acuícola, con representación das forzas parlamentares e doutras entidades como Adega, e onde de seguro que xorden posturas opostas a sepultar a nosa costa baixo cemento para interese dunhas poucas multinacionais. Ademais, esta asociación ambientalista organiza un roteiro por Arzúa no domingo.

 

__________________________________________________

 

Mar por Medio

De 17 a 19 celébranse en Ribadeo as xornadas Mar por Medio, organizadas por diversas institucións, que reúnen nesta localidade mariñá a ducias de persoas relacionadas co ámbito cultural galego-portugués, para analisar “en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación”.

 

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario