Benigno Álvarez, a conxunción entre nacionalismo e marxismo

20160311033759Hoxe 11 de marzo queremos reivindicar a figura de Benigno Álvarez o veterinario de Maceda. Foi un dos principais dirixentes comunistas da provincia de Ourense e uns dos precursores da conxunción entre nacionalismo e marxismo que logo viría frutificar a partir da década de 60 no noso país. Benigno Álvarez naceu e morreu un 11 de marzo (1900 – 1937), ferozmente perseguido polo fascismo.

Desde Isca! queremos adicarlle a mellor homenaxe que pode recibir: o orgullo, a memoria e o firme compromiso de que continuaremos achegando as nosas enerxías na loita pola erradicación de toda caste de explotación cara ao xénero humano. Facemos tamén nosas e extensíbeis ao tempo que nos toca vivir as súas palabras: “Definirse é considerarse maduro e quedar descansado. Decidirse é ser xoven: levantarse alporizado cunha nova forza que só sabe que o pasado hai que destruílo.

Reivindicamos a decisión e a xuventude vitalicia de Benigno Álvarez e de todas as que deron a vida pola xustiza e a liberdade!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario