[Campaña nacional] Encontro formativo en Compostela

Cartaz palestra feministaComo vemos a Galiza é hoxe moito máis pobre e vella que antes de o PP tomar o poder. Ás escandalosas cifras de paro súmase un premeditado ataque aos dereitos laborais, que en forma de reforma laboral e recortes de corte neoliberal, precariza o emprego e limita as axudas sociais. Aínda máis, pois acentúa o secular fenómeno emigratorio do país, producindo un sangrado constante na sociedade galega.

Hai unhas semanas lanzamos unha campaña nacional baixo o lema “rachar o pacto social, loitar polo noso futuro” para denunciar a situación de éxodo xuvenil e aumento do desemprego que vivimos. Esta campaña, que se desenvolverá até o 1º de Maio en diferentes puntos do país, acredita na loita anticapitalista e popular como a única capaz de derrubar un sistema inxusto e pon de manifesto a necesidade de artellar unha resposta. Para achegar claves que nos axuden a comprender a realidade na que vivimos estamos a organizar unha serie de actos formativos en diferentes comarcas do noso país, comezando en Compostela,

Falaremos da muller no movemento obreiro galego con Lucía Freire da CIG e de mozas precarias: con traballo pero sen emprego con Ana Viqueira de Conas Ceives. O acto terá lugar na Libraría Lila de Lilith (Travesa, 7 – baixo) o vindeiro 28 de abril a partir as 20:30 horas.

Non faltes!

.

>> [Campaña nacional] Rachar co pacto social, loitar polo noso futuro

>> [Campaña nacional] Sabías que…

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario