[Campaña nacional] Encontros formativos en Bueu e Vigo

encontro formativo vigoComo vemos a Galiza é hoxe moito máis pobre e vella que antes de o PP tomar o poder. Ás escandalosas cifras de paro súmase un premeditado ataque aos dereitos laborais, que en forma de reforma laboral e recortes de corte neoliberal, precariza o emprego e limita as axudas sociais. Aínda máis, pois acentúa o secular fenómeno emigratorio do país.

Hai unhas semanas lanzamos unha campaña nacional baixo o lema “rachar o pacto social, loitar polo noso futuro” para denunciar a situación de éxodo xuvenil e aumento do desemprego que vivimos. Esta campaña, que se desenvolverá até o 1º de Maio, acredita na loita anticapitalista e popular como a única capaz de derrubar un sistema inxusto. Para achegar claves que nos axuden a comprender a realidade na que vivimos estamos a organizar unha serie de actos formativos en diferentes comarcas do noso país, desta volta en Vigo e Bueu.

encontro formativo bueuVigo

Falaremos da organización da mocidade na crise do capitalismo con Marcos Cadórnica, sindicalista da Confederación Intersindical Galega. O acto terá lugar no local do BNG (Rúa Celso Emilio Ferreiro) o vindeiro 29 de abril a partir das 20:30 horas.

Bueu

Falaremos da crise capitalista na mocidade, futuro e perspectivas con Anxo Noceda, sindicalista da Confederación Intersindical Galega. O acto terá lugar na Asociación para o debate Ricardo Gómez Buceta (Rúa Afonso Rodríguez Castelao, 40) o vindeiro 30 de abril a partir das 20:00 horas.

Queremos soberanía para decidir o noso futuro e xerir os nosos recursos, póndoos ao servizo das clases populares e demostrando que existe unha alternativa á desigualdade social: o socialismo. Desde o espazo ideolóxico soberanista do que facemos parte son moitas as loitas políticas, sindicais, estudantís e xuvenís na que son precisas máis mans para tecer esas alternativas. Organización, mobilización e rebelión!

Non faltes!

.

>> [Campaña nacional] Rachar co pacto social, loitar polo noso futuro

>> [Campaña nacional] Sabías que…

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario