Neste 2019 cúmprense 100 anos do asasinato de Rosa Luxemburgo a mans de grupos parafascistas, os freikorps, coa complicidade criminal da socialdemocracia reformista. Desde Isca!, consideramos que a mellor homenaxe que se lle pode facer a tan distinguida militante revolucionaria non consiste en realizar ofrendas florais ou compor fermosos poemas, mais en continuar a estudar o seu exemplo e as súas obras, verdadeiro tesouro colectivo da clase traballadora mundial.
Con esta finalidade ofrecemos ás lectoras interesadas o presente caderno de formación onde, en primeiro lugar, ofrecemos unha aproximación biográfica á figura de Rosa Luxemburgo. Seguidamente recollemos dous textos da autora que nos permiten achegarnos a algunhas das controversias máis relevantes en que participou: a loita contra o revisionismo e o oportunismo no seo do SPD, e a análise da relación entre as direccións partidarias e sindicais coas folgas de masas revolucionarias. Para concluír, ofrecemos unha análise propia dun dos máis coñecidos libros de Rosa Luxemburgo, Reforma ou revolución, e rescatamos a súa relevancia para a actividade política marxista no mundo actual.
Descarga e difunde!