Charla-coloquio, achegámonos á realidade siria

Logo de dous anos de guerra encoberta, presentada como conflito civil, e moitas semanas de acoso por parte do imperialismo estadounidense e dos seus aliados, a meirade parte dos focos informativos de todo o mundo apuntan a Siria. Lonxe da propaganda da guerra que recolle escusas máis que irreais para  xustificar un ataque bélico, desde Isca! pensamos que é importante plantexar a realidade desde outro punto de vista. Que é Siria como país? Cales son os intereses occidentais en Siria e na rexión? Quen son os rebeldes sirios? Cales son as consecuencias dunha intervención militar directa? Sobre estas e moitas outras cuestións debatiremos para botar nelas un pouco de luz.

Por isto organizamos unha charla – coloquio que terá lugar o vindeiro venres día 20 de setembro ás 20:30 horas no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 16, 1º) na Coruña. Contaremos coa presenza de Óscar Valadares, membro de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista.

Anímate e participa!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario