Charla – coloquio, as actuais restricións de dereitos e liberdades

Son moitos os exemplos que se nos poden vir á mente cando falamos de represión sobre os movementos populares porque son moitos os colectivos que a veñen sufrindo de multiples maneiras especialmente nos últimos anos cando, co pretexto da crise sistémica do capitalismo que estamos a vivir, a incidencia da mesma non para de medrar.

Por todo isto desde Isca! da Coruña consideramos indispensable coñecela, recoñecela e saber como combatila e con ese fin convidamos a EsCULcA, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades que traballa polo afortalamento dos dereitos civís e democráticos, a unha charla – coloquio onde ontaremos coa presenza de Yolanda Ferreiro, avogada, e José Ángel Brandariz, docente na UdC, e que terá lugar o vindeiro xoves día 31 de outubro a partir das 20:30 na Casa da Fariña sita na Praza da Fariña (Praza de Azcárraga) Nº6

Anímate e participa!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario